Mark Haddon | O curioso incidente do can á media noite
Tradución do inglés de Moisés Barcia
284 páxinas
ISBN 978-84-936101-7-3
18,50 €
Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha investigación para descubrir o asasino. Mentres leva a cabo as súas pescudas, que converte nunha novela policial, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará certos misterios que van alterar a súa vida metódica e ordenada.
Mark Haddon (Northampton, Reino Unido, 1963), vive en Oxford e é escritor, ilustrador e guionista. Licenciado en Literatura Inglesa e autor de quince libros para nenos, gañou dúas veces os prestixiosos premios BAFTA da Academia Inglesa de Cine e Televisión. Haddon traballou durante un tempo con persoas que padecían discapacidades físicas e mentais, e adquiriu o coñecemento sobre o autismo que despois aplicaría con grande acerto no seu primeiro libro para adultos. O curioso incidente do can á media noite foi acollido con grande éxito en todos os países nos que se publicou (xa en 35 idiomas), e obtivo premios como o Whitbread ou o da Commonwealth.
